A Fonsagrada, centro da quedada Invernal viaxo en moto

LugoXa
O Concello da Fonsagrada será o escenario da VI Quedada Invernal Viajo en Moto que se celebrará entre o 4 e o 6 de xuño no Piñeiral.
VIAJE EN MOTO FONSAGRADA
VIAJE EN MOTO FONSAGRADA
29 may 2022

A Fonsagrada é o escenario elixido para a VI Quedada Invernal Viaxo en Moto. A quedada, para a que se poden mercar os tickets por 30 euros na web www.viajoenmoto.com, arrancará o venres 4 de xuño, cunha cea comunal con todo aquilo que aporten os participantes e o concerto do grupo La Band Ería.

O sábado será o día da ruta que sairá do Piñeiral, comerase de "pincheo" e haberá diversas actividades que rematarán coa Cea pantagruélica, un sorteo e o concerto de Wolffather.

O domingo 6 de xuño será o turno da despedida.

Durante os tres días haberá carpas e zonas de acampada para os participantes.