A Fonsagrada conta cunha exposición de Xurxo Lobato

LugoXa
Este pasado venres 4 de xuño, o Museo da Fonsagrada inaugurou a exposición Os Camiños de Carlos Casares, con fotografías de Xurxo Lobato.
caminos carlos casares
7 Xuño 2021

Este pasado venres 4 de xuño, o Museo da Fonsagrada inaugurou a exposición Os Camiños de Carlos Casares. A exposición, destinada a todos os públicos, permanecerá aberta ata o día 29 de xuño, de martes a venres en horario de 12 a 14 horas; e os sábados e domingos de 12 a 14 e de 17 a 19 horas. Os luns estará pechado. Así mesmo, a mostra xa estivo na cidade de Mondoñedo e percorrerá outras cidades e vilas como Catoira, Corcubión e Baiona.

A exposición recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato, membro da Academia Galega de Belas Artes e premio Ortega y Gasset do País en 2003, inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe.

As citas e textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego, mediante un código QR. Do mesmo xeito o visitante terá unha posibilidade de accesibilidade mediante reprodución automática de textos en audio e descarga do folleto e cartel oficial da exposición no sitio web da mostra.

exposicion carlos casares
0.19455099105835