A Fonsagrada continúa co seu calendario festivo coa Feira de San Marcos

LugoXa
A Fonsagrada continúa con la celebración de su calendario festivo con la Feria de San Marcos el próximo sábado 23 de abril.
feira san marcos fonsagrada
10 Abr 2022

A Fonsagrada continúa co seu calendario festivo coa Feira de San Marcos o próximo 23 de abril.

Terá lugar no mercado gandeiro comarcal da vila. No pavillón cuberto so poderá entrar as reses que teñan o regulamento sanitario da feira publicado na web do Concello de Fonsagrada. Poderán concorrer tódolos produtores gandeiros xa que se habilitará unha zona na explanada do recinto feiral para o gando que non cumpra o regulamento sanitario da feira.

As razas de gando aceptadas son Rubia Galega e Asturiana, Limousín, Angus, Charolesa, Jersey, Vianesa, Salers e Cachena, Parda Alpina, Blonde Aquitania. E deberán cumprir o regulamento sanitario publicado na web do concello. Cada ganadaría poderá presentar como máximo 6 reses.

Os veciños que se acheguen a esta feira poderán degustar de balde Tenreira Galega Suprema.

Pódense realizar as inscricións ata o 20 de abril, nas oficinas do concello da Fonsagrada de 9.00 a 114.00 ou fóra dese horario ou festivos chamando ao 689 863 045.

0.11812901496887