A Fonsagrada dá a benvida á oitava edición da Foliada

LugoXa
Dende este xoves 7 ata o vindeiro 9 de decembro, A Fonsagrada acolle unha nova edición da Foliada.
foliada a fonsagrada 2023
7 Dec 2023

Dende este xoves 7 ata o vindeiro 9 de decembro, A Fonsagrada acolle unha nova edición da Foliada. A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores na presentación da cita, que se celebrará co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No acto, a Responsable provincial remarcou o papel da Asociación Petapouco e a Destempo, organizadora da Foliada, como “un referente dinamizador da montaña” e unha mostra de que “a mocidade está viva e pulando por un futuro no na montaña e no interior”

No referido ao programa, destacou a singularidade da Foliada, que “celebra a vida de gaiteiros e fai homenaxes a bailadoras octoxenarias, creando comunidade arredor da música tradicional” e sinalou a presenza de músicas de Portugal e Asturies, como mostra dos lazos culturais destes territorios con Galiza.

Caamaño&Ameixeiras, Mondra, Tiruleque, Alana, Axeigo, Omiri, L-R e Irmaus da Raia Seca actuarán na Foliada, que tamén homenaxeará a Kepa Junkera co espectáculo Polavilak. Obradoiros de percusión co músico asturiano Ramsés Ilesies, un obradoiro de iniciación ao baile con Ismael Carcedo, unha homenaxe ás bailadoras da Fonsagrada, unha feira de artesanía, cantos de taberna polos bares colaboradores e a presentación do libro Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada completan o programa desta oitava edición da Foliada da Fonsagrada.

0.18042898178101