A Fonsagrada e Becerreá acollen un curso sobre ecoturismo
Os concellos da Fonsagrada e Becerreá acollen un curso sobre ecoturismo o vindeiro 3 de novembro.
Na Fonsagrada o curso terá lugar en horario de mañá de 10.00 a 12.00 no salón de acto municipal dos Chaos. Becerreá collerá a formación pola tarde en horario de 17.00 a 20.00 na Casa da Cultura.
O programa constará de catro apartados comezando polo concepto do ecotursimo. O segundo punto afondará no perfil do ecoturista e os novos viaxeiros de natureza para continuar falando dos produtos turísticos dentro do ecoturismo. Para finalizar abordará como facer unha experiencia turística de calidade.
A formación estará impartida por Alfonso Polvorinos e dirixido a titulares e traballadores de negocios de turismo así como a todas as persoas interesadas na temática.
As inscricións poderán realizarse a través do correo electrónico ancaresburon@gmail.com ou dos números de télefono 659275743 e 982355290