A Fonsagrada espera abrir a finais de mes o prazo para a creación do centro sociocultural adicado a Forges

LugoXa
O Museo da Fonsagrada acolle mañá pola a inauguración dunha exposición sobre o camiño de Santiago e a presentación dun libro
antiga casa consistorial fonsagra futuro Centro Cultural Forges
25 Out 2023

O municipio da Fonsagrada espera abrir a finais de mes o prazo para a presentación de ofertas para a transformación da antiga casa consistorial nun centro sociocultural adicado ao viñetista Antonio Fraguas, Forges.

O artista, vinculado ao municipio polo seu pai, creou unha serie publicada baixo o nome A Fonsagrada, eterna olvidada, na que co seu peculiar humor contaba as reivindicacións da veciñanza.

Este futuro edificio, que albergará parte da obra do debuxante doada pola familia Fraguas, terá un coste de 183.000 euros procedentes do Plan de Recuperación e estará diseñado polo estudo de arquitectura Firm Arch, que conta con mozos fonsagradinos.

O principal obxectivo é rehabilitar o edificio que data de 1846 e conseguir que sexa eficiente enerxeticamente coa utilización de illamentos naturais como enerxías renovables. Contará con varias salas, unha para a mostra permanente e outra para as temporais e outra para unha posible oficina de atención turística.

0.21256113052368