A Fonsagrada oferta prazas para os cursos de ioga, baile e pilates

LugoXa

O Concello da Fonsagrada oferta prazas libres para as actividades de ioga, bailes de salón e ritmos latinos e pilates para os meses de abril, maio e xuño de 2024.

12 abr 2024

O Concello da Fonsagrada oferta prazas libres para as actividades de ioga, bailes de salón e ritmos latinos e pilates para os meses de abril, maio e xuño de 2024. Os interesados en participar poden anotarse no enderezo electrónico actividadesfonsagrada@gmail.com enviando o folleto de preinscrición cuberto cos datos persoais e asinado.

O ioga impartirase os luns e mércores de 20.15 a 21.15, pilares terá lugar luns e mércores de 19.00 a 20.00 e as clases de baile organizaranse os martes de 21.00 a 22.3 horas. A admisión realizarase segundo orde de inscrición con prioridade dos censados no Concello.