A Fonsagrada organiza un obradoiro de técnicas caseiras para preservar alimentos

LugoXa
A actividade celebrarase o 10 de setembro na Casa da Cultura, de 16:00 a 20:00 horas, con inscrición previa
recollida-alimentos-UNED
29 Aug 2026

O Concello da Fonsagrada organiza un obradoiro de técnicas caseiras para preservar alimentos, unha actividade pensada para aprender diferentes métodos tradicionais e prácticos de conservación dos alimentos no fogar.

O obradoiro terá lugar o vindeiro 10 de setembro, na Casa da Cultura da Fonsagrada, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A iniciativa permitirá ás persoas participantes coñecer técnicas para conservar e aproveitar mellor os alimentos, recuperando coñecementos e prácticas de carácter caseiro que forman parte da cultura alimentaria tradicional.

As prazas deberán reservarse previamente. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición chamando ao 982 34 02 45.

0.1645770072937