A Fonsagrada organiza unha festa de entroido infantil o día 1 de marzo
A situación pandémica actual está a permitir a celebración de festas e citas cunha serie de medidas de seguridade que garanten a saúde pública. Desta forma o vindeiro 1 de marzo, os máis pequenos poderán desfrutar dunha xornada de ocio e lecer co motivo do entroido.
A partir das 17.00 horas haberá animación con xogos populares e globoflexia, media hora máis tarde ofrecerase chocolate con biscoito para merendar. Serás as 18.00 horas cando de comezo a pasarela infantil de disfraces e ás 19.00 horas, o Mago Dani Polo fará un espectáculo de maxia.
A cita terá lugar no comedor da escola Fogar da Fonsagrada.
Esta é unha nova oportunidade para que os máis novos poidan desfrutar dun tempo en parroquia e veciñanza, que proporcione un maior vínculo cos veciños da contorna e achegados.
Dani Polo, que ofrecerá un espectáculo de maxia é un rapaz con orixes en Melide, que comezou a súa andaina no mundo máxico de moi novo. Formouse na escola de Maxia de Lugo, cun gran referente e profesional, o Mago Rafa. No ano 2014, presentouse ao Festival Internacional de Maxia de Almussafes onde acadou o segundo premio, segue a traballar e no 2017 volve a presentarse quedando campión.