A Fundación Expomar comeza a traballar na organización da vindeira feira

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Fundación Expomar acordou por unanimidade, na xuntanza celebrada esta semana, comezar a traballar na organización da vindeira Feira Náutico Pesqueira, que terá lugar en maio de 2021.
84516050_1053527655011885_3420904325566693376_n
24 Oct 2020

A Fundación Expomar acordou por unanimidade, na xuntanza celebrada esta semana, comezar a traballar na organización da vindeira Feira Náutico Pesqueira, que terá lugar en maio de 2021. A superficie que ocupe o evento ampliarase, tendo en conta o covid e tamén para poder acoller a novas firmas participantes.

O alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, declarou que “tivemos unha reunión do padroado da Fundación Expomar na que aprobamos as contas relativas ao ano 2019 e falamos tamén da conveniencia de facer a Feira Monográfica Náutico Pesqueira para o ano 2021, que corresponde, así como as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial”.

Llano explicou que “por unanimidade, a nosa intención é clara de realizar a dezanove edición da Feira Náutico Pesqueira. Consideramos que é moi bo para o sector, para o concello de Burela e para A Mariña de forma global. Polo tanto, en principio, estaremos pendentes de como evoluciona a pandemia do coronavirus e como nos condiciona, pero agardemos que mellore substancialmente e que estas cousas se poidan ir recuperando e volvendo á normalidade do que eran as feiras e o movemento socioeconómico, industrial e todo aquilo que teña que ver co sector pesqueiro”.

O rexedor manifestou que “imos poñernos a traballar a través da Fundación Expomar, xa está o xerente procurando facer todo o que corresponde para ir conformando xa compromisos das empresas para ir ocupando o espazo. A nosa pretensión non é soamente facer a feira, senón facela mellor que a última edición, e polo tanto estamos tamén pensando en ampliar, xa non soamente polo covid senón tamén para dar máis posibilidades porque esa foi a conclusión que sacamos na última edición, que necesitamos máis espazo xa que a demanda, se todo sigue como viña sendo, incrementábase, polo tanto temos que buscar espazo para ter máis ocupación de empresas”.

E engadiu: “iImos procurar facelo, sería no mes de maio, como tíñamos pensado, de momento non imos cambiar a data, e imos ver que é o que vai ocorrendo, pero nosoutros paralelamente imos tratar xa de conformar todo o que sexa necesario para unha Feira Náutico Pesqueira”.

0.16435289382935