A Fundación José Manuel López Souto doa ao Concello de Foz cinco mil euros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Abr 2020

O administrador da Fundación José Manuel López Souto, Manuel González Alonso, en presenza do presidente da Fundación, Antonio Valín Valdés, e dos membros da directiva José Ramón García Yáñez e Dolores Teijeira Fernández, fixo entrega ao Concello de Foz dun donativo por importe de 5.000 euros para atender as necesidades sociosanitarias a consecuencia da pandemia do COVID-19.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere agradecer “a importante achega económica, que axudará a paliar as necesidades derivadas da crise económica e sanitaria que trouxo consigo o coronavirus. O servizo de Asuntos Sociais pasou de atender as necesidades alimentarias de 17 familias ás 65 que temos actualmente. É de agradecer o esforzo que fai a Fundación para  contribuír a que ninguén se quede atrás nesta crise.”

O presidente da Fundación e párroco de Foz, Antonio Valín Valdés, mostrouse moi satisfeito por poder facer esta achega económica e que o Concello de Foz poida desenvolver as medidas sanitarias e sociais que precisan as veciñas e veciños de todo o concello, especialmente da parroquia de Vilaronte, á que está asociada a Fundación.

0.050401926040649