A Furgoteca achega a lectura ao Concello de Pedrafita do Cebreiro

LugoXa
A furgoteca, o servizo móbil de bibliotecas de Galicia, realiza a súa seguinte parada no Concello de Pedrafita do Cebreiro.
Furgoteca 4
Furgoteca 4
1 oct 2023

A furgoteca, o servizo móbil de bibliotecas de Galicia, realiza a súa seguinte parada no Concello de Pedrafita do Cebreiro. Deste xeito e a través dlos seus 500 exemplares de libros, o servizo continúa achegando a lectura aos concellos do rural do Ourense e Lugo que non contan cun servizo de bibliotecas permanente.

Na súa primera ruta de servizo, o vindeiro xoves 5 de outubro, a furgoteca realizará paradas en Pedrafita do Cebreiro, de 11.00 a 12.00 horas; no Cebreiro de 13.05 a 13.30 horas; en Liñares, de 13.33 a 14.00 horas; en Fonfría, de 14.15 a 14.45 horas e en Louzarela, de 14.55 a 15.30 horas.

Na segunda xornada do servizo, o martes 17 de novembro, o itinerario cambia. A furgoteca poderá visitarse no Lugar de Foxo, de 11.00 a 11.20 horas; en Fonteferreira, de 11.30 a 11.50; no hospital, de 12.00 a 12.30 horas; en Sabugos, de 12.15 a 13.00 horas; no Alto do Poio, de 13.10 a 13.30 horas, nos Casares (Zanfoga), de 13.45 a 14.05 horas e tamén en Pedrafita do Cebreiro, de 14.15 a 151.5 horas.

O SERVIZO

A furgoteca trátase dun recurso que funciona como centro de difusión da cultura, facilita o acceso aos recursos culturais e formativos, ofrece servizos para o apoio á aprendizaxe e procura o desenvolvemento da creatividade das persoas usuarias a través de diferentes accións de dinamización lectora e cultural.

Entre os servizos que concentra a iniciativa atópanse o asesoramento e recomendacións de lectura; a xestión de carnés de usuario; a formación, o acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital e a organización de actividades culturais como obradoiros, contacontos ou certames. Para poder gozar deste recurso sociocultural só é preciso ser titular dun carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Furgoteca Triacastela
2f524ca6 b4ef 435b 965d 2710b6de502e (1)