A Furgoteca estará hoxe en Negueira e mañá en Cervantes

O novo servizo de bibliotecas móbiles, A Furgoteca, chega hoxe ao concello de Negueira e mañá estará en Cernvantes
afurgoteca cartel lugo portada
23 Mar 2023

A furgoteca, o novo servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, que botou a andar a finais do mes de febreiro estará hoxe día 23 en Negueira e mañá día 23 de marzo en Cervantes.

En Negueira comezará hoxe un pequeno recorrido que dará comezo ás 15.00 no cruce da estrada de Ernes onde estará hasta ás 16.00. De 16.30 a 17.30 estará en Cancio e de 18.00 a 19.00 estará en Foxo. Finalizara o percorrido de 19.10 a 20.00 en Ernes.

En Cervantes o roteiro dará comezo pola mañá e de 11.00 a 11.30 estará en Vilaspasantes, de 11.40 a 12.15 en Vilapún, de 12.30 a 13.45 en Doiras e de 14.00 a 14.50 en Noceda. Xa pola tarde, para finalizar, visitará de 15.00 a 16.00 Vilarello.

Estas bibliotecas teñen servizos como tramitar un carné de usuario ou coller en préstamo un libro ou unha revista ou acceder a internet. ofrecendo distintos tipos de servizo para atender do xeito máis completo as necesidades da cidadanía. Así, a colección inicial nace con 500 exemplares de libros, pero tamén películas, música ou xogos físicos e dixitais e tamén publicacións periódicias como revistas e xornais. Esta colección poderá ir medrando polas bibliotecas centrais territoriais de referencia en cada caso a través do préstamo entre bibliotecas.

Na furgoteca tamén se poden facer os trámites de expedición de carnés de usuario, préstamo e devolución, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Teñen conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora tanto para a persoa encargada da prestación do servizo como para o uso dos usuarios.

As bibliotecas móbiles dispoñen, ademais, de persoal de atención cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural. Esta iniciativa ven acompañada dunha intensa actividade cultural.

De xeito, está previsto que conten con programación de periodicidade estable que inclúa clubs de lectura, contacontos, encontros con autores locais, entre outras, para o que se buscará a colaboración cos centros educativos tanto a través de equipos docentes como a través de bibliotecas escolares e do tecido asociativos.

Con esta medida, a Xunta continúa a reforzar o sistema bibliotecario galego que, segundo o II Mapa de Bibliotecas Públicas, está composto por un total de 295 servizos bibliotecarios con máis de 6,6 millóns de exemplares, 17.000 postos de lectura e máis de 4.100 postos informatizados. En datos de poboación, un 94,4% da poboación conta con servizo bibliotecario no seu concello. A furgoteca busca precisamente cubrir o resto.

Furgoteca
0.14359402656555