A Furgoteca volve a achegar a lectura aos nenos de Baleira

LugoXa
O servizo acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares
Furgoteca Portada
10 sep 2024

A Furgoteca volve a Baleira seguir achegando a lectura aos máis pequenos. Deste xeito, o día 12 deste mes estará dende as 11.00 horas na vila, pasando polo Cádavo, o CEIP Concepción López Rey, O Foxo, Fonteo, Retizós, Vilar de Pousada e a igrexa de San Lourenzo de Pousada.

Neste mes de setembro, o servizo tamén percorrerá o concello noutra xornada. Será o día 24 e pasará por Córneas, O Cádavo, A Lastra e A Fontaneira. Desde a posta en marcha de A furgoteca realizouse unha media mensual de máis de 1.000 préstamos. Ademais de ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas, este servizo tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora.

No caso da provincia de Lugo, o servizo está en funcionamento nos concellos de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.

0.19924712181091