A Furgoteca volve a percorrer as parroquias de Baleira

LugoXa
A Furgoteca volve a Baleira para seguir achegando a lectura aos máis pequenos.
11 abr 2024

A Furgoteca volve a Baleira para seguir achegando a lectura aos máis pequenos.  Así, o vindeiro día 12 o servizo percorrerá O Cádavo, o CEIP Concepción López Rey, O Foxo, Fonteo, Reizós e Pousada desde as 11.00 ata as 15.30 horas.

Pola súa parte, o vindeiro 23 de abril, a Furgoteca fará paradas en Córneas, O Cádavo, A Lastra e A Fontaneira de 10.30 a 15.25 horas para achegar libros, cómics, contos, música e cinema a pequenos e maiores. Desde a posta en marcha de A furgoteca realizouse unha media mensual de máis de 1.000 préstamos.

Ademais de ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas, este servizo tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora. No caso da provincia de Lugo, o servizo está en funcionamento nos concellos de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.