A Gala Internacional de Maxia chega a Lugo o 3 de setembro

LugoXa
Lugo acolle o 3 de setembro a Gala Internacional de Maxia que contará cunha selección dos mellores números de ilusionismo mundial
gala maxia
16 Ago 2022

Lugo acolle o 3 de setembro a Gala Internacional de Maxia no auditorio Gustavo Freire. A gala que dará comezo ás 20.30 contará cunha selección dos mellores números de ilusionismo mundial, unha gran oportunidade para ver aos magos e magas mais premiados sobre un mesmo escenario. Todo isto, conducido por Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se achega por primeira vez ao mundo da maxia.

Os artistas invitados serán, Hyun Joon Kim de Korea e primeiro remio Mundial de Manipulación. No seu espectáculo miles de cartas aparecen na punta dos seus dedos a un ritmo vertixinoso. Jimmy Delp de Estados Unidos que conta co premio Mellor Mago Cómico e recrea situacións totalmente insólitas nos seus espectáculos. Arno de Francia que conta con un dos números máis aplaudidos e premiados da historia da maxia mundial. Huang Zheng de China que conta co Premio Anéis Máxicos e presenta o seu galardoado número “Aire”, unha proposta coidada e poética, trasládanos ao mundo da maxia oriental. E por último Dani Polo de Galicia premiado co Ali Bongo, mago revelación europeo 2018, a súa especialidade son as grandes ilusións persoas que aparecen da nada, voan ou se teletransportan, todo é posible!

galas
0.18058705329895