A Galería NÉBOA acollerá a presentación do libro 'Quisiera ser selva, intransitable, incógnita' de Christian Villamide

A Galería NÉBOA de Lugo será o escenario da presentación do libro 'Quisiera ser selva, intransitable, incógnita' do artista Christian Villamide, que se celebrará o próximo sábado 10 de maio ás 12.00 horas.
Esta cita, de acceso libre, supón unha ocasión única para descubrir a proposta editorial deste autor, que afonda nas tensións entre o natural e o artificial a través dunha reflexión visual e poética sobre os procesos históricos de dominación e transformación da paisaxe.
Ademais da presentación do libro, Villamide estará presente na galería para ofrecer unha visita guiada pola súa exposición 'Cando a paisaxe se fixo verba', comisariada por Paula Cabaleiro. Esta mostra, que pode visitarse na Galería NÉBOA ata o 31 de maio, propón un percorrido no que se exploran as raíces, fibras e territorios onde a xeometría natural foi desfigurada, e a terra se transformou nun territorio burocratizado e cartografiado.
A través do seu traballo, Villamide invita ao público a cuestionar os límites entre o humano e o natural, disolvendo as fronteiras entre as realidades e a natureza.
O libro 'Quisiera ser selva, intransitable, incógnita' é tamén un convite a florecer na escuridade, a mergullarse na espesor do que aínda permanece incógnito e a reflexionar sobre o mundo como un territorio en constante transformación.