A Garda Civil reforzará a vixiancia e os controis durante a ponte festiva

TerraChaXa | LugoXa
A Garda Civil desenvolverá ata o domingo 18 de agosto a operación encaminada a reforzar a seguridade nas estradas da provincia con motivo dos desprazamentos que se realizarán nestas datas e que aúnan os desprazamentos do cambio de quincena estival, é dicir de longo percorrido, cos desprazamentos xerados polos innumerables festexos que se celebran, isto é, de curtas distancias.
15 Ago 2019

Os servizos vanse intensificar orientándoos ao control do consumo de alcol e drogas, centrándoas nas localidades nos que se celebran festas populares e sendo reforzados nos horarios nocturnos. Tamén se controlará a velocidade, o uso do cinturón de seguridade e o uso do teléfono móbil durante a conducción.

As estradas nas que se pode producir unha maior densidade da circulación son a A6 e A8, é dicir, ás vías empregadas en longos percorridos, as estradas LU-P-0610, LU-P-6412, na zona de Fuciño do Porco e da Praia das Catedrais polo seu interese turístico, ademais da N-640 ao seu paso por Meira, polas festas patronais.

A Garda Civil recomenda extremar as precaucións nos desprazamentos destes próximos días e non relaxarse nas viaxes de corta distancia.

0.12228894233704