A Guía Turística do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa foi presentada en Palas de Rei

LugoXa
O evento estivo dirixido ao sector turístico e á poboación en xeral, co obxectivo de dar a coñecer os principais recursos e atractivos turísticos da zona
guia-turistica-palas-de-rei
28 Nov 2024

O Centro Comarcal da Ulloa de Palas de Rei acolleu o acto de presentación oficial da guía turística do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa.

O evento estivo dirixido ao sector turístico e á poboación en xeral, co obxectivo de dar a coñecer os principais recursos e atractivos turísticos da zona.

O Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa está integrado polos municipios de Antas de Ulla, Castroverde, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo, Rábade e O Corgo.

A Guía ofrece unha presentación de como chegar a estos territorios, os puntos de interés en cada un deles, destaca ademais, o seu patrimonio cultural e a natureza, así como os productos gastronómicos por excelencia. Tamén ofrece uns itinerarios pa desenvolver a pé ou en bicicleta.

0.17395114898682