A Hedreira organizará un obradoiro para construír un forno solar e unha cea vegana aberta á participación

LugoXa
A programación desenvolverase o 16 de xullo e incluirá unha demostración práctica, un taller de construción e unha cea elaborada con parte do cociñado durante a xornada
horno-solar
12 Jul 2026

O centro social A Hedreira celebrará o vindeiro xoves 16 de xullo unha xornada dedicada á cociña sostible coa organización dun obradoiro de forno solar, unha actividade pensada para achegar aos asistentes as posibilidades de aproveitamento da enerxía solar dun xeito práctico e participativo.

A programación comezará ás 13:00 horas cunha demostración na que se amosarán algunhas das elaboracións que se poden preparar utilizando un forno solar. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, dará comezo o obradoiro de construción destes dispositivos, para o que será necesario realizar inscrición previa a través do correo electrónico csahedreira@riseup.net.

A xornada concluirá ás 21:30 horas coa tradicional cea vegana mensual organizada polo colectivo, na que os asistentes poderán degustar algunhas das elaboracións preparadas durante o obradoiro.

0.12957119941711