A II Festa-Xuntanza Xuntos por Lugo incluirá música, comida e diversión para toda a familia

O sábado 28 de marzo o Pazo de Feiras e Congresos acollerá a II edición da Festa-Xuntanza Xuntos por Lugo, unha xornada pensada para compartir mesa, música e un programa completo de actividades para todas as idades.
A xornada comezará cunha Sesión Vermú a cargo de DJ Patakiña, seguida dun gran xantar popular e un baile de tarde. Para os máis pequenos, organizarase unha merenda e actividades con colchonetas, xogos e animación guiada por monitores. A festa rematará cunha gran verbena coa música de Disco Móbil Patakiña e a Orquesta Capitol.
Ademais das actividades principais, durante toda a xornada haberá sorteos e sorpresas, así como a presentación oficial da mascota do evento, Xuntiña. Esta iniciativa pretende fomentar a convivencia, a diversión e a participación de toda a comunidade nunha celebración aberta e familiar.