A intervención artística ‘Quen ocupa esta cadeira?’ contou cunha grande participación do público

LugoXa
A proposta da Escola Palimoco reuniu preto de 600 persoas nunha actividade que deu voz a mulleres destacadas da historia en diferentes ámbitos
Quen-ocupa-esta-cadeira-Museo-Lugo
9 Mar 2026

O Museo Provincial de Lugo acolleu a intervención artística Quen ocupa esta cadeira?, unha iniciativa impulsada pola Escola Palimoco que converteu as salas do centro nun espazo escénico para proxectar os relatos e as voces de mulleres que tiveron un papel determinante na historia en distintos ámbitos.

A proposta, dirixida por Pomba Luxilde, recreou diferentes figuras femininas relevantes a través dunha experiencia participativa na que o público formou parte activa da representación. As persoas visitantes puideron sentar, conversar e escoitar relatos personalizados vinculados ás protagonistas escollidas.

Entre as mulleres e personaxes femininas representadas atopábanse Atenea, Isadora Duncan, Aitana Bonmatí, Luz Casal, Marie Curie, Ana Frank, Tina Turner, Simone de Beauvoir, Elisa e Marcela, Enriqueta Otero, Irene González, Maruja Mallo, Jane Goodall ou Mafalda.

A actividade volveu rexistrar unha grande acollida por parte do público, cunha asistencia próxima ás 600 persoas. A intervención forma parte da programación impulsada pola Rede Museística da Deputación de Lugo durante o mes de marzo.

0.12038397789001