A ITV agrícola e de turismos estará na Fonsagrada a finais deste mes

LugoXa
A unidade móbil fará revisións no municipio entre o 27 de abril e o 13 de maio. As persoas interesadas poden solicitar xa cita previa.
itv móbil
9 Abr 2021

O Concello da Fonsagrada vén de informar das vindeiras datas nas que a Inspección Técnica de Vehículos fará revisións no municipio.

Así, a unidade móbil da ITV de turismos desprazarase á localidade desde o 28 ao 30 de abril, e do 1 ao 13 de maio. Situarase na explanada do Piñeiral, onde prestará servizo en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Pola súa banda, a ITV agrícola estará en diferentes localizacións do municipio, entre o 27 de abril e o 4 de maio. O día 27 de abril ubicarase no campo da festa de Louxas; o 29 de abril, na explanada do Piñeiral; o 3 de maio, en Logares; e o 4 de maio, en Carballido, no cruce da estrada no entrada do pobo. Fará as revisións dos vehículos agrícolas de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o último día que prestará servizo unicamente en horario de mañá.

As persoas interesadas en pasar as revisións aos seus vehículos na Fonsagrada nestas datas poden solicitar xa cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.072609901428223