A ITV agrícola estará en Castroverde en marzo

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Castroverde no mes de marzo.
A unidade prestará servizo no aparcadoiro da piscina municipal do Concello dende o día 11 de marzo ao 18 de marzo, dende as 09.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. Os días 11 e 18 tan só prestarán servizo en horario de mañá.
As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.