A ITV agrícola estará nas parroquias da Fonsagrada en marzo e abril
O Concello da Fonsagrada informou de que a unidade móbil da ITV agrícola estará facendo as revisións no municipio o 28, 30 e 31 de marzo e 4 e 5 de abril.
A unidade prestará servizo no campo da festa de Louxas o día 28 en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.
Os días 30 e 31 de marzo estará na explanada O Piñeiral na Fonsagrada en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, excepto o 31 que prestará servizo tan só de mañá.
Logares será a seguinte parada o día 4 de abril en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.
Para finalizar o percorrido, o día 5 de abril estará no cruce da carretera na entrada do pobo de Carballido tan só en horario de mañá de 9.00 a 15.15 horas.
As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.