A ITV agrícola estará no Corgo en decembro e xaneiro

LugoXa
A unidade móbil prestará servizo no Corgo a finais de decembro e principios de xaneiro. É preciso solicitar cita previa.
tractor
28 Nov 2021

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello do Corgo nos meses de decembro e xaneiro, en concreto os días 28, 29, 30 de decembro e 3, 4, 5, 7, 10 e 11 de xaneiro.

A unidade prestará servizo no mercado de Adai dende as 09.00 ás 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas o día 28 de decembro.

Tamén se atopará no campo de festa de Laxosa os días 29 e 30 de decembro dende as 9.00 ás 13.30 horas e de 15.15 ás 18.00 tan só o día 29 de decembro.

Na explanada do polígono industrial do Corgo atoparase a unidade móbil da ITV agrícola os días 3 e 4 de xaneiro de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. O día 5 de xaneiro tan só terá horario de mañá.

A explanada cerca da igrexa de Sabarei tamén acollerá este servizo o día 7 de xaneiro de 9.00 a 13.30 horas, e os días 10 e 11 de xaneiro de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18 horas.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18362593650818