A ITV móbil agrícola estará en Castro de Rei a próxima semana

A unidade móbil da ITV estará no Concello de Castro de Rei a partir do 25 de maio. Entre os días 25 e 26 de xuño estará na propia capitalidade, na rúa Manuel Becerra, e do 27 de maio ao 5 de xuño en Castro Ribeiras de Lea, no Mercado Gandeiro, para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás os días 29 de maio e 4 de xuño, que será só de mañá.
Non se pasará a inspección de vehículos con carga nin a vehículos con aperos.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 981 n928 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.