A ITV móbil agrícola estará en Castroverde a vindeira semana

LugoXa
A unidade móbil da ITV está durante o mese de marzo en Castroverde para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
tractor
tractor
5 Mar 2023

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao concello de Castroverde no mes de marzo.

Entre os días 9 e 16 de marzo a ITV estará no aparcadoiro das piscinas en Castroverde en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas

O día 10 o horario será exclusivamente de mañá de 9.00 a 13.30.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.15041208267212