A IX edición do Campus ACD Piringalla regresa este verán con deporte, aprendizaxe e actividades acuáticas en Lugo

A IX edición do Campus da ACD Piringalla terá lugar durante os meses de xuño e xullo, nos que os e as menores participantes poderán gozar de adestramentos, xogos, actividades acuáticas, iniciación ao footgolf, proxección de partidos do Mundial, visitas de xogadores e outras propostas, todo nun entorno seguro e acompañado por monitores especializados.
O campus desenvolverase en dúas semanas diferenciadas. A primeira terá lugar os días 22, 23, 25 e 26 de xuño, en horario de 09:00 horas a 19:00 horas. A segunda semana será os días 29 e 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo, en horario de 09:00 horas a 14:00 horas.
As actividades celebraranse no María Auxiliadora e no Campo O Polvorín, con prazas limitadas e inscrición dispoñible a través de @elide.deportes entre o 18 de maio e o 5 de xuño.
Os organizadores describen o campus como unha experiencia pensada para que os nenos e nenas desfruten do deporte, fagan novas amizades e vivan unhas semanas cheas de diversión, aprendizaxe e actividades variadas.