A Legua Dereita abre as aulas de música e baile tradicional

LugoXa
Terán lugar a partir de outubro e xa está aberto prazo de inscrición
clases-a-legua-dereita-corgo
16 sep 2024

O colectivo cultural Legua Dereita do Corgo xa ten en marcha o curso 2024/2025. Así, este ano organiza clases de baile, gaita, tambor, canto, pandeireta e acordeón, para todas as idades e todos os niveis.

Terán lugar a partir de outubro e xa está aberto prazo de inscrición, que pode facerse no teléfono 659 779 462, onde tamén darán información sobre estas formacións.

As clases impartiranse os xoves pola tarde, entre as 20.30 e as 22.00 horas no caso do acordeón e os mércores a de baile GMBT.

O resto serán nas tardes dos venres e o os sábados con distintos en función do nivel.

0.10595297813416