A lonxa de Burela conta con 360 paneis solares de autoconsumo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A lonxa de Burela, unha das máis importantes de España, conta cunha cuberta de 360 paneis solares que permitirán a reducción da súa factura electrica e que sumarán 144 kW.
guitiriz_auga
6 Out 2020

A lonxa de Burela, unha das máis importantes de España, conta cunha cuberta de 360 paneis solares que permitirán a reducción da súa factura electrica e que sumarán 144 kW.

A empresa instaladora, Barro, calcula que Armadores de Burela conseguirá con esa instalación un aforro medio anual de máis do 17% na súa factura eléctrica

Esta instalación ocupa unha superficie de 782 metros cadrados da cuberta e terá unha capacidade de produción anual de 190.521 kWh de electricidade.

Así, Armadores de Burela reducirá o seu volume de emisións de CO2 á atmosfera en 65 toneladas, diminuíndo a súa pegada de carbono, concretamente as emisións indirectas, que son as derivadas do consumo de electricidade da rede, un efecto positivo na calidade do aire similar ao que xeraría a plantación de 6.478 árbores.

A obra foi executada pola compañía galega EDF Solar, especializada en sistemas de autoconsumo para empresas e que inclúe a enxeñería, a elaboración da documentación necesaria, os trámites coas diferentes administracións e empresas distribuidoras, a execución e a posta en marcha.

0.095257997512817