A malla dos Aturuxeiros de Bravos, en Ourol, inclúe unha ruta cabalar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A asociación cultural Os Aturuxeiros de Bravos, en Ourol, invitan a desfrutar da terceira edición da malla tradicional que virá nesta ocasión acompañada dunha primeira ruta cabalar.
as pontes
27 Ago 2019

A asociación cultural Os Aturuxeiros de Bravos, en Ourol, invitan a desfrutar da terceira edición da malla tradicional que virá nesta ocasión acompañada dunha primeira ruta cabalar. A cita será o 31 de agosto e comezará ás 10 horas coa recepción dos cabaleiros con café e 'algo para mollar', como eles afirman. Tralo almorzo, sairán de ruta se ben haberá unha parada a medio camiño para repoñer forzas.

Ás 12.30 comezará a malla tradicional e a continuación haberá sesión vermú cun grupo musical, antes do xantar popular previsto para as 14.30 horas. O prezo do menú é de 21 euros e inclúe xamón cocido con chourizo e patacas, postre e hai tamén racións de hamburguesas e bocadillos a prezos populares.

Xa á tarde comezarán os obradoiros e xogos populares e durante a xornada, vanse sortear regalos entre os participantes. A organización prevé unha cea e verbena ata ben entrada a noite.

É convinte inscribirse ata o 29 de agosto na ruta cabalar 605.088.719, aínda que a organización non se fará responsable das incidencias que se puideran producir neste senso, ocasionado polos cabalos.

0.14732789993286