A Mancomunidade de concellos do Camiño Francés recibe o X Premio Apecsa

LugoXa | SarriaXa
A Mancomunidade de concellos galegos do Camiño Francés resultou a gañadora desta X edición do premio internacional APECSA 2.
entrega X Premio APECSA
22 Out 2022

O deputado de Medio Ambiente e alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, asistiu este venres á entrega do X premio internacional Apecsa 2022, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa) e dedicado nesta edición a Pilar Armesto Valiña, hospitaleira, mesoneira, dinamizadora e defensora dos valores do Camiño de Santiago, pioneira no asociacionismo e na acollida aos peregrinos.

A Mancomunidade de concellos galegos do Camiño Francés, integrada polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, resultou a gañadora desta X edición do premio internacional Apecsa 2.

O xurado, presidido polo xornalista Luís Celeiro Álvarez, destacou e valorou o traballo da Mancomunidade e de cada un dos concellos integrantes da mesma, na defensa e promoción dos valores do Camiño de Santiago. O premio consiste nunha escultura, Harmonía, da autoría de Luís Loureira.

0.16352581977844