A Mariña Somerxida poderáse ver en setembro na casa da cultura do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Ago 2019

A casa da cultura do Vicedo albergará a partir do 1 de setembro e ata o día 30 a exposición A Mariña Somerxida, coa que biólogos, fotógrafos e arqueólogos, expoñen o patrimonio subacuático da costa mariñá. A mostra é itinerante, de feito xa estivo, por exemplo, no Cenima de Foz.

Pero ademais, O Vicedo conta coa exposición fotográfica de Paco López de Viveiro e tamén están expostos os debullos sobre a romaxe vikinga elaborados polos cativos. Cada ano saen tres premiados do certame derivado da festa. Durante dous anos, os pósters utilizados para evento escolléronse dentre estes traballos infantís.

Nesta ocasión hai 40 expostos elaborados por sesenta cativos. Alomenos van na orde de dez debuxos por curso.

Os gañadores teñen sido, nos primeiros postos, Ana González Fra de sexto curso de Primaria que conqueríu un regalo do Concello, tamén obtivo unha posición destacada na parte alta do pódio Daniela Vale Martínez, de entre os debullos presentados polo alumnado de primeiro, segundo e terceiro de Primaria. Patricia Espigule Parapar tamén resultou clasificada, así como tamén Alberto Pedre Solloso, de segundo, Aroa e tamén Estela Rei Canoura.

0.2100830078125