A maxia chega a Castroverde en forma de espectáculo

LugoXa
O próximo martes 17 de agosto, Castroverde acolle o espectáculo de maxia de Martín Camiña Ilusionista, Un par de dous.
mago sombreiro maxia
13 Ago 2021

O próximo martes 17 de agosto, Castroverde acolle o espectáculo de maxia de Martín Camiña Ilusionista, Un par de dous. A actuación está dirixida ao público infantil que poderá gozar dunha xornada de maxia e ilusión.

A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista multiplicados por dous, dispostos a ofrecer unhas moreas de ilusións, humor e colaboración dos e das presentes, nun espectáculo co dobre de sorrisos.

A obra realizarase ás 21 horas no patio do colexio de Castroverde. Así mesmo, cumpriranse todas as medidas sanitarias correspondentes.

0.11541795730591