A Milagrosa acollerá a XXIX Feira de Produtos do Campo e Artesanía 2026

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais de A Milagrosa anunciou a celebración da XXIX edición da Feira de Produtos do Campo e Artesanía, que terá lugar os próximos 22, 23 e 24 de maio de 2026 no barrio de A Milagrosa, en Lugo.
Este ano, a feira contará cunha pregonera de excepción: Carmela López, presidenta da Deputación Provincial de Lugo, quen será a encargada de inaugurar oficialmente esta edición, xa consolidada como unha das citas máis destacadas do calendario social e comercial do barrio.
Desde a organización, sinalan que se está a traballar intensamente na preparación dun programa que manterá a esencia tradicional do evento, incluíndo actuacións folclóricas, degustacións gastronómicas, postos de produtos do campo e artesanía, entre outros.
Así mesmo, desde a Asociación informan que xa está aberta a inscrición para os postos que desexen participar na feira. Os interesados poden anotarse a través dos canais habituais de contacto da entidade, teléfono 982 203721 ou correo electrónico fedveclucusa@gmail.com.
A Feira de Produtos do Campo e Artesanía continúa a ser un punto de encontro para veciños, visitantes, produtores e artesáns, reforzando o papel de A Milagrosa como un barrio dinámico, participativo e con unha forte identidade comunitaria.