A Milagrosa prolonga un día máis as súas festas

LugoXa
Este martes organizan un segundo Día do Neno no que os máis cativos da cidade serán os grandes protagonistas
a-milagrosa-festas
2 sep 2024

O barrio da Milagrosa, que tiña previsto rematar as súas festas este luns 2 de setembro con inchables de balde e unha chocolatada, prolonga unha xornada máis as celebracións deste ano. Deste xeito, este martes organizan un segundo Día do Neno no que os máis cativos da cidade serán os grandes protagonistas.

Así despedirán 6 xornadas festivas, que arrancaron o xoves 29, con actuacións diversas como a de Louband, a da orquestra El Combo Dominicano, Punto Clave, Grupo Beatriz e Grupo Extra. Ademais, o deporte tamén foi protagonista do programa con exhibicións das escolas Star Dance, Gravitty e Ritmolugo e con torneos de petanca, xadrez e baloncesto.

 

0.20442414283752