A mindoniense campioa do mundo de paratriatlón participou nunha charla en Lugo
O deputado de Deportes da institución provincial, Efrén Castro, participou nun coloquio sobre deporte inclusivo que se celebrou no Vello Cárcere de Lugo. O deputado nacionalista moderou un coloquio no que participaron deportistas como a triatleta viguesa de raíces mindonienses, Susana Rodríguez Gavio, campioa do mundo de Paratriatlon 2012, 2018 e 2019 que prepara a súa paticipación nos Xogos de 2020, ou o lucense Mauro Rodríguez Baliña, que expuxo a súa experiencia na natación amateur.
Na presentación, Efrén Castro sinalou que “a promoción da práctica deportiva contribúe a fomentar hábitos de vida saudables, constitúe unha alternativa no tempo de ocio e fomenta valores de esforzo, respecto e amizade. Ninguén pode quedar á marxe destas oportunidades por iso desde a nosa área non podemos máis que avalar as iniciativas que incidan na democratización e no fomento do deporte entre persoas de todas as idades e con diferentes capacidades, tanto a nivel popular como competitivo”, expuxo Efrén Castro durante a presentación.
As ponencias, organizadas polo portal educativo E-scola no marco do ciclo Deporte con corazón, completáronse coa intervención de Trinidad Canosa, coordinadora de Animación Sociocultural y Deportes de la Delegación Territorial de Galicia da Fundación Once, e M” Carmen González Hermo, que presentou a Carreira pola diversidade que a Asociación Ambar organiza en Riveira. Aitor Zabala Arandia, delegado da Federación Gallega de Piragüismo en Lugo, e Ramón Fernández González, campión de España de piragüismo en KS1 de paracanoe, expuxeron as oportunidades que ofrece este deporte como medio de inclusión.