A música, a maxia e a literatura protagonizan o Nadal no Museo do Castro de Viladonga

TerraChaXa | LugoXa
O Museo do Castro de Viladonga conta cun programa especial para este Nadal con propostas culturais de música, maxia e contacontos dende o luns 11 de decembro ata o vindeiro domingo 17.
Castro de Viladonga ruta
8 Dec 2023

O Museo do Castro de Viladonga conta cun programa especial para este Nadal con propostas culturais de música, maxia e contacontos dende o luns 11 de decembro ata o vindeiro domingo 17.

A programación inaugurase o 11 cun concerto didáctico da man de Vanesa Muela. A actividade, que será de 10.30 a 12.00 horas, está dirixida a público escolar e organizarase no Museo do Castro de Viladonga. O martes 12 chega a maxia ao museo coa actividade Por que hai poucas mangas, que se organiza no mesmo horario. O mércores José Manuel García achega o espectáculo Argalladas de Pícaros de 10.30 a 12.00 horas.

O día 14 Trécola Producións achega aos escolares a obra Monstrólogo, o novo proxecto da compañía. A compañía de teatro A Trastenda dos Contos levará a cabo o espectáculo Contos Vellos novos finais de 10.30 a 12.00 horas o venres 15. A última xornada, o día 17, estará a cargo de Branca Villares que achegará o espectáculo musical Troupelear as músicas do Cebreiro no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro. A cita será de 10.30 a 13.00 horas.

nadal_cultural_castro_de_viladonga
0.16685819625854