A nova edición do Festival Agrocuir da Ulloa será máis pequeno

LugoXa
O festival Agrocuir terá lugar o 26 e 27 con actividades en diferentes lugares de Monterroso para xerar un espazo aberto e accesible
Festival Agrocuir portada
Festival Agrocuir portada
12 Ago 2023

A nova edición do Festival Agrocuir da Ulloa, que se celebrará os días 25 e 26 de agosto será unha edición máis pequena respecto a outras edicións.

Será “unha festa máis pequena, máis sinxela e con máis lugar para atoparse”, dixeron dende a organización que engadiron “preocupábanos moito o crecemento progresivo e constante dos últimos anos, que puxo en dúbida a sostibilidade do mesmo”.

Así, comunicaron que o festival comezará o venres 25 ás 17.00 horas cun Cuirathlon, e ás 21.00 horas serán os espectáculos de Bewis de la Rosa, ás 23.00 horas a performance de Nelu, seguida de Mondra e despois haberá unha sesión con DJ Saya.

O sábado 26 haberá obradoiro desde ás 12.00 horas e sesión vermú a cargo das Lagharteiras. Máis tarde haberá espectáculos de Meiga-I e Nenaza, e pola noite do Neto do Rubio.

festival agrocuir ulloa 2023
0.19397807121277