A obra Arrevedeci Roma inicia a programación desta semana da Mostra Internacional de Teatro Amador
Nesta peza Olga Abad querenos agasallar con unha chea de razoamentos, lembrazas e comparacións, entre os tempos de agora e os tempos de antes. Nesta epoca no que todo caduca a velociadede dun lostrego e ben sinxelo que os elementos culturais queden obsoletos en poucos anos. Podemos facer mofa de todo.
Estas semana outras tres obras encherán de teatro Palas de Rei. O xoves, 1 setembro o grupo María Alejandra Gómez estará coa súa obra Murmuraban as miñas veciñas ás 21.00 na Casa Da Cultura De Palas De Rei. O venres, 2 de etembro o grupo Iseo A Moura representará a obra Se as árbores falaran ás 20.30 no Parladoiro De Arqueixal, Santiago De Albá e por último o sábado, 3 Setembro o grupo Son D’aldea coa súa obra Son Das Carballeiras de autoría colectiva e dirixida por Metátese Teatro E Alentía Teatro terá ás 9:30 un pasarrúas que sairá do campo da festa da aldea De Santo Xusto.