A ocioteca de Monterroso abrirá tamén os sábados

LugoXa
O Concello de Monterroso abrirá, o vindeiro luns, 6 de xuño, as inscricións para participar nas actividades de verán de 3 a 17 anos.
ocioteca monterroso
ocioteca monterroso
29 Feb 2024

O Concello de Monterroso amplía os servizos que ofrece ás familias coa apertura da Ocioteca municipal tamén os sábados en horario de 9.00 a 14.00 horas. O servizo prestarase desde este mesmo sábado.

A ampliación deste servizo municipal lévase a cabo tendo en conta as peticións dos pais e nais e as súas necesidades de conciliación, polo que a apertura dos sábados vai estar destinada a aquelas familias que o precisen por motivos de conciliación.

As persoas que precisen máis información poden facer as súas consultas no Concello de Monterroso.

0.10642504692078