A ONG Escuela Shantidi organiza un obradoiro básico de horta de outono no Centro Social de Fingoi

A ONG Escuela Shantidi organiza o vindeiro 28 de novembro un obradoiro básico de horta de outono, unha iniciativa destinada a achegar ás persoas participantes os coñecementos fundamentais para crear, coidar e aproveitar unha horta nesta época do ano.
A actividade terá lugar ás 12.00 horas no Centro Social de Fingoi e estará impartida por Edmundo Novoa, enxeñeiro técnico agrícola especializado en paisaxismo, que será o encargado de compartir os seus coñecementos e experiencia sobre o cultivo e o coidado da horta de outono.
A través desta proposta, a ONG Escuela Shantidi busca fomentar o contacto coa natureza e promover o coñecemento das posibilidades que ofrece o cultivo de produtos de tempada, achegando ferramentas básicas para iniciarse no traballo da horta.
A participación será gratuíta, aínda que as prazas son limitadas. As persoas interesadas en obter máis información ou participar poden contactar cos teléfonos 627 97 25 85 e 689 65 40 65, ou escribir ao correo electrónico shantidi.ong@gmail.com.