A Orde Templaria do Vicedo organiza visitas guiadas á igrexa de Santo Estevo do Val

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A asociación cultural Orde Templaria do Vicedo colabora coa parroquia de Santo Estevo do Val na organización de visitas culturais guiadas ao templo do lugar.
26 Aug 2019

A asociación cultural Orde Templaria do Vicedo colabora coa parroquia de Santo Estevo do Val na organización de visitas culturais guiadas ao templo do lugar. O obxectivos destes veciños é o de dar a coñecer, sobre todo no verán aos visitantes, pero tamén á vecindade, o patrimonio local. Dende xullo, cada xoves, de 20 a 22, os interesados poden chamar para concertar unha excursión e pódeno facer no teléfono 627.750.045.

A igrexa está construída sobre un antigo castro e foi reformada en 1794. Componse de tres naves separadas por pilastras cadradas, unidas lonxitudinalmente por arcos de medio punto e con cuberta común de madeira a dúas vertentes.

Ademáis do arco trunfal, pechan a capela maior polos seus tres frentes, senllos arcos de descarga empotrados en muros.

A igrexa era patronato laical e pertenceu aos Condes de Fuensaldaña, descendentes de Alonso Pérez de Vivero, que naceu neste feligresía.

No atrio pódense admirar, entre outras pezas, unha pila bautismal, dúas centenarias campás, sepulcros de granito e unha curiosa pila de pedra destinada ao salado do cocho.

Según a tradición, a posta baixo o patronato de Santo Estevo nceu dunha lenda. Cóntase que unha noite de tormenta apareceu un cadro coa imaxe do santo na praia de Xilloi, no lugar do Altariño. Os veciños puxeron o cadro sobre un carro de bois, deténdose xusto no lugar onde se construíu a igrexa. Outra lenda cont que foronos templarios da Coelleira os que levaron o cadro ao templo.

0.13713598251343