A orquestra Panorama actuará en Guntín o 22 de xullo na Festa da Xuventude

LugoXa
A actuación porá o broche a unha xornada con actividades para todas as idades organizada polo Concello de Guntín
panorama-recurso
15 Jul 2026

A orquestra Panorama será unha das grandes protagonistas das festas de Guntín o vindeiro 22 de xullo, coincidindo coa celebración da Festa da Xuventude, organizada polo Concello de Guntín.

A actuación pechará unha intensa xornada pensada para públicos de todas as idades. A programación comezará ao mediodía coa tradicional Festa da Terceira Idade, continuará pola tarde cunha festa infantil e rematará pola noite coa Festa da Xuventude, que terá como principal atractivo a actuación dunha das formacións musicais máis recoñecidas de Galicia.

Con esta proposta, o Concello de Guntín busca ofrecer unha xornada de convivencia e lecer para toda a veciñanza, combinando actividades dirixidas a maiores, nenos e mozos nun mesmo día festivo.

0.13202500343323