A Orquestra Vigo 430 actúa este sábado en Lugo
A Sociedad Filarmónica de Lugo organiza un concerto este sábado en Lugo. A actuación da Orquestra Vigo 430, que comezará ás 20.00 horas no Círculo das Artes de Lugo, estará protagonizada pola violinista e directora Sophie de Bardonnéche e pola soprano Beatriz Arenas.
Interpretarán Viaxe a Venecia con obras de Vivaldi, Albinoni e Galuppi. Sophie de Bardonnèche é unha apaixonada violinista barroca. A súa esixencia, a súa sensibilidade e o seu entusiasmo lévana a dar concertos como solista, músico de cámara, así como coas máis grandes agrupacións barrocas.
Beatriz Arenas Lago nacida en Vigo (España) comezou os seus estudos de canto co tenor José Antonio Campo no Conservatorio Profesional de Música de Vigo onde obtivo o Premio Fin de Grao na especialidade de canto. Continuou a súa formación na Escola Superior de Canto de Madrid, finalizando os seus estudos no KASK Conservatorium van Gent (Bélxica) con profesores como Marcos Pujol, Hendrickje van Kerckhove ou Patrick Beukels.