A Panorama porálle o broche final as festas de Xove que abarcan do 29 de agosto ao 2 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Ago 2019

O técnico municipal de cultura e comunicación de Xove, Mario Eijo, entre outras autoridades e a comisión responsable dos festexos presentou o programa das Festas Patronais de Xove deste ano, adicadas a San Bartolo, patrón da localidade, e á Virxe do Carme e que se prolongarán do 29 ao 31 de agosto, ademais dos día 1 e 2 de setembro, coa Panorama coma broche final. 

A presentación contou cos organizadores das Festas, o Concello coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Comisión formada por Carlos Cociña, Benigno Canoura, Luis Pico e Dalmacio Fernández.

As Festas, que comezan o xoves 29 de agosto co Día da Xuventude, van rematar o luns 2 de setembro do Día do Neno. Nas mesmas inclúese un intenso conxunto de actividades de todo tipo: concertos, bailes, teatro, deporte, exposicións e un amplo etc.. No deseño do programa tentouse de realizar  actividades para tódolos grupos de idades, dende os máis xoves ao máis maiores.

O xove 29, ás 12, o mago Teto presentará os '4.500 anos da incrible historia da maxia', no salón de actos do centro cívico, no marco do programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura e xa pola tarde, calqueira maior de oito anos poderá participar nun combate láser na praza do centro cívico.

O pregón das festas no salón de actos do mesmo lugar, correrá a cargo do director de cince xovense Xacio Baño, ás 20 horas e media hora despois, xogarase o trofeo décimo aniversario da SD Xove FS, que está en segunda división B, contra o Parrulo Ferrol, de primeira división. Será no pavillón municipal de deportes.

O venres 30 haberá unha gran sardiñada popular animada pola charanga de Neda. A venda de tickets costará dous euros e será ás 20 horas. La Oca Band animará a verbena e despois tomarálle o relevo Claxxon cun concerto pop-rock.

O sábado 31, trala misa solemne e a procesión coa asociación cultural Saíñas, será a orquestra Compostela a que amenizará a sesión vermú e despois desputaráse o torneo entre solteiros e casados, de fútbol, no campo de adestramento do Xove. A xornada culminará coa verbena a cargo de Compostela e os Satélites, ademais dunha disco móbil.

O domingo 1 de setembro, haberá de novo misa e procesión coa banda de música de Foz e unha sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 18 horas, disputarase o trixésimo primeiro torneo de fútbol Concello de Xove no campo municipal entre o SD San Ciprián e a UD Xove Lago. E por último, a verbena correrá a cargo de Trébol e Panorama.

O luns, 2 de setembro, festivo local, rematarán as festas co día adicado aos cativo que desfrutarán de inchables na praza do Concello a partir das 17 horas.

E paralelamente, continuará aberta ata o 3 de setembro a décimo segunda exposición fotográfica Xove 360 graos. Profesións', na sala do centro cívico, de 18 a 22 horas, cada día e na sala da oficina de turismo outra mostra, titulada 'Coas nosas mans', ata o 1 de setembro.

0.14516282081604