A parroquia da Candelaria en Cervo celebra as súas patronais
A festa da Candelaria na parroquia de Rúa en Cervo, comezará o día 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro coa festa na honra á Virxe da Candelaria.
A festa dará comezo o 31 ás 22.00 horas cunha gran verbena a cargo das formacións Los Satélites e Trébol.
O sábado 1, ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne cantada polo coro parroquial con posterior procesión. Rematados os actos litúrxicos os presentes poderán gozar coa sesión vermú a cargo das orquesrtas La Favorita, que tamén animará a verbena das 22.00 horas, e a orquestra Finisterre.
O domingo 2, os veciños e visitantes poderán participar ás 13.00 horas na misa solemne cantada polo coro parroquial que dará paso á procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada pola o grupo Fénix.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.