A parroquia de Benade prepárase para un novo Sábado Faroleiro

LugoXa
O evento, que terá lugar no campo da festa a partir das 14.00 horas, promete unha xornada de festa e entretemento para todos os asistentes
Sábado-Faroleiro-Benade-Lugo
10 Feb 2025

O vindeiro 1 de marzo, a Asociación de Veciños da parroquia de Benade celebrará unha nova edición do xa tradicional Sábado Faroleiro.

O evento, que terá lugar no campo da festa a partir das 14.00 horas, promete unha xornada de festa e entretemento para todos os asistentes.

A organización puxo en marcha un programa cheo de actividades, entre as que destacan un hinchable para os máis pequenos, a música do DJ Ángel Enjo, un sorteo de agasallos, ademais dun agasallo de benvida para os asistentes.

Tampouco faltará a gastronomía tradicional galega, cunha chocolatada e filloeira para gozar dunha tarde doce e deliciosa.

Ademais, a festa celebrarase nunha carpa pechada con cañóns de calor, garantindo comodidade para todos.

As inscricións estarán abertas ata o 24 de febreiro, polo que se recomenda anotarse canto antes para non quedar sen praza.

Desde a Asociación de Veciños de Benade sosteñen que levan organizando esta festa desde o ano 2016, "adaptándonos cada ano ás necesidades do pobo", explican.

O evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo, a través da Alcaldía e da Área de Cohesión Social e Territorial.

0.17681097984314