A parroquia de Gontá celebrará a 3ª edición do seu Cocido Popular

A parroquia de Gontá, en Palas de Rei, acollerá o sábado 8 de marzo a 3ª Edición do Cocido Popular, unha cita gastronómica que promete boa comida e máis diversión.
A xornada comezará ás 13.00 cunha sesión vermú a cargo do DJ Patakiña, seguida da comida ás 14.30 horas. O menú incluirá grelos, patacas, garbanzos, lacón, orella, morro, panceta, chourizo, botelo e pan, ademais de viño, postres caseiros, café e chupito. Ademais, os asistentes recibirán unha taza de agasallo.
O prezo do evento é de 25 euros por persoa, sendo gratuíto para menores de 12 anos. O aforo é limitado e as inscricións deberán realizarse antes do 28 de febreiro, contactando cos organizadores a través dos números facilitados.
A festa continuará pola noite cunha sesión de DJ Patakiña aberta a todo o público e con pinchos gratis para os asistentes.
O evento está organizado pola Asociación Cultural de Gontá e conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei e de Escala 5.9 Espectáculos. Ademais, haberá carpa climatizada para garantir a comodidade dos asistentes.